Sira e o robot II
Crazy Times on Planet Earth
Mark Wiersma, Miguel Mosqueira Fociños

Editorial Auto-edición; 2017
DescripciónRústica con lapelas; 108 páxs.; 14,5 x 22 + CD
ISBN / ref 978-84-697-5664-5
Sinopse

Sira e o Robot II: Crazy Times on Planet Earth, con ilustracións de Iván Sende, é a segunda entrega do musical futurista *Sira e o robot*, proxecto único no mundo no que conviven en harmonía galego e inglés. A obra consta dun libro ilustrado de máis de 120 páxinas e dun cd de audio de máis de 50 minutos no que se interpretan os diálogos e as 10 cancións que contén a historia. Tanto as cancións como os propios diálogos son especiais: ofrecen unha linguaxe híbrida, cun freeflow entre o inglés e o galego. Esta fusión pode ser ou moi didáctica ou simplemente pegadiza, interesante e divertida dependendo do nivel de inglés que se posúa.

Dez cancións en galego e inglés de estilos variados: Rap, R & B, Pop, Reggea, Reggaeton, Folk, Soul serven para ambientar unha aventura, chea de emocións, na que os valentes personaxes Sira e o seu robot William se enfrontarán a adversarios tan duros de roer como o cambio climático, o malvado Technoduro, the worst villian de Megametrópole, the future President of the USA, un violento tsunami, unha calor asfixiante, etc. Dez cancións en galego e inglés, un audioteatro interesante e inventivo, debuxos de calidade e basicamente Lots of Fun for the Whole Family. Hai incluso unha pista secreta onde a historia se resolve dunha forma científica.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro