A raíña das velutinas
XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey
Lionel Rexes

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 150 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-9121-268-3
Sinopse
Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade. Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de "A raíña das velutinas" “o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal”.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.20 €
4% I.V.E. 16.85 €
Club 16.01 €

Engadir ao carro