Toponimia de Gomesende
Carlos Méndez Míguez

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2017
DescripciónRústica, 222 páxs., 15 x 21
ISBN / ref 978-84-946837-9-4
Sinopse
É probable que o labor de Carlos Méndez Míguez como investigador da toponimia de noso sexa escasamente coñecida fóra de determinados círculos. Con todo, participo da opinión que o seu labor, espellado en diversas e recentes publicacións como son Toponimia de Ramirás, Toponimia da Bola (este en colaboración con Antonio González Fernández) e o presente Toponimia de Gomesende, todos editados en Toxosoutos, testemuñan, de seu, a paixón e mais o esforzo que vén depositando nesta rama da onomástica.
Carlos Méndez traballa arreo para recuperar e achegarnos a toponimia destes territorios. O seu labor non atesoura tan só esta virtude: traballa porque, como ben se di na contracuberta deste libro, sabe que os lugares existen ao nomealos e este é un propósito encomiable. Como nas anteriores entregas que deu a coñecer, resultado dun traballo previo que albeita, entre outros documentos, nas coleccións diplomáticas dos mosteiros de San Salvador de Celanova, San Pedro de Ramirás, Santa María de Fiães entre outras fontes. Mais Méndez sabe do valor que reside aínda na memoria oral das persoas que aínda poboan estes espazos e a ela apela para ofrecernos, así, unha análise polo miúdo da toponimia maior e menor, alén da súa preceptiva clasificación, pero non ocupa un espazo menor todo o que atinxe ás propostas etimolóxicas argumentadas que suxire, alén da posta ao día dos datos históricos, culturais, artísticos, poboacionais e sociolóxicos de cada un dos lugares que nomea.
Revitaliza o orgullo da pertenza a estes lugares este e os outros estudos de Carlos Méndez. Sen dúbida constitúen unha inestimable fonte de diversos saberes, agora postos a disposición de todos nós. A miña beizón por estes traballos que ben merecen ser visibilizados.

https://cadernodacritica.wordpress.com/2017/09/28/toponimia-de-gomesende-de-carlos-mendez-miguez/

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro