O humor en cadriños II
Conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide
Félix Caballero Wangüemert

Editorial Cangas do Morrazo. Edicións Morgante, 2017
DescripciónRústica, 176 páxs., 21,5 x 13
ISBN / ref 978-84-15166-66-5
Sinopse
O humor en cadriños II vén sendo unha segunda parte d’O humor en cadriños, editado por Morgante en 2012. Se entón eran cinco humoristas da xeración de Siro e Xaquín Marín os que reflexionaban sobre o seu labor, agora é a quenda da seguinte xeración, que se incorporou á prensa galega na derradeira década do século XX e é hoxe a protagonista principal das seccións de humor dos diarios.

Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide falan sobre a natureza do seu oficio e das dificultades do humor gráfico galego perante o desconcerto da prensa na era de internet. As conversas acompáñanse dunha pequena mostra do traballo de cada un deles.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro