Cociña galega tradicional
Matilde Felpeto Lagoa

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 414 páxs., 17 x 24
ISBN / ref 978-84-9121-263-8
Sinopse
As receitas recollidas en "Cociña galega tradicional" pertencen ao
legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do
ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo.
Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero
tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata
a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos
escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a
historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre
os pratos máis representativos da cociña galega. Preséntanse agrupadas
seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas,
vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. Complétanse as receitas
cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os
queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o
mel. En "Cociña galega tradicional", a autora rebusca na súa memoria
gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na
narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de
que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e
miren dun xeito diferente o prato que van degustar.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 23.99 €
4% I.V.E. 24.95 €
Club 23.70 €

Engadir ao carro