Os salgueiros
Algernon Blackwood
Tradución: Alejandro Tobar

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Hugin e Munin, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 78 páxs., 13,5 x 20
ISBN / ref 978-84-945403-1-8
Sinopse
Os salgueiros, publicado en 1907 como parte da colección The Listener and Other Stories, é, en palabras de H. P. Lovecraft, «o mellor relato sobrenatural xamais escrito» e «conforma en por si unha categoría especial da literatura espectral». Dous aventureiros –o narrador e mais o sueco– emprenden unha viaxe en canoa polo maxestoso río Danubio que nun momento dado os leva a acampar nunha illa fluvial localizada nun tremedal. A partir dese momento mergullaranse nun suxestivo ambiente de irrealidade e irán tomando conciencia do «horror cósmico» (así o define Lovecraft) e das presenzas sobrenaturais que os asexan. Mais non só abafa a atmosfera; tamén o desenlace intenso e sobrio, grazas a unha sutileza narrativa de primeira orde.

Esta novela curta do prolífico Blackwood está considerada pola crítica un dos textos máis representativos e potentes da moderna literatura de terror en lingua inglesa, feito que xustifica as numerosas traducións existentes ás máis diversas linguas, así como, por mor dunha extensión que supera o habitual para un relato, a súa publicación en edicións exentas.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.06 €
4% I.V.E. 11.50 €
Club 10.93 €

Engadir ao carro