Arelas de liberdade na Galiza
Francisco Xabier Redondo Aba

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 236 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-369-3
Sinopse
Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o control xurídico-penal sobre a poboación e na represión do antifranquismo activo. Entre outros cambios de aparencia era imprescindible modificar/adaptar o aparato lexislativo, nomeadamente o aplicado por tribunais militares con leis militares a persoas civís, xulgadas por actividades que nos países democráticos eran a base do exercicio dos dereitos cívicos: liberdades de reunión, asociación, expresión, de loita contra a opresión. Neste ensaio, despois dunhas moi apreciables reflexións historiográficas e dunha obxectiva análise das forzas antifranquistas actuantes en Galiza, o autor, nunha intelixente secuencia, vai dando conta da xénese, evolución, os porqué e quen foron xulgadas/os, polo TOP. Con técnicas cuantitativas relaciona e compara lugares, xénero, profesións, idades, afiliación, sentenzas, penas, absolucións..., extraendo minuciosamente dados de 484 procedementos xudiciais, dos que no capitulo 4º analiza sete casos representativos. O seu coñecemento dos sistemas arquivísticos permítelle presentar e esmigallar con pericia na base de dados TOPDAT a nómina de galeg@s que ese tribunal xulgou, completando o estudo cos nomes e posteriores cargos públicos nos máis altos niveis xudiciais? democráticos? dos maxistrados que exerceran con total aplicación no terrible TOP franquista, rematando cunha moi coidada (e verdadeiramente consultada) relación bibliográfica, hemerográfica e doutras fontes.
Bernardo Máiz Vázquez
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 16.25 €
4% I.V.E. 16.90 €
Club 16.06 €

Engadir ao carro