Un conto enleado
Lewis Carroll
Tradución: Xosé Díaz Díaz

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 204 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-946837-8-7
Sinopse

Charles Lutwidge Dogson quedou na historia polo seu seudónimo literario, Lewis Carroll, co que creou a célebre personaxe de Alicia. Pero alén disto, tamén deixou unha ducia de obras de contido matemático entre tratados xeométricos, alxébricos e de lóxica simbólica. Nesta parte da súa produción atopamos o enredo Un conto enleado, que agora sae ao galego.

Neste libro exponse con claridade este Carroll matemático do que falamos. No seu día, o texto foi publicado por entregas na revista "The Monthly Packet" coa pretensión de que as lectoras e lectores resolveran os problemas matemáticos que se formulan ao fío da trama e llos enviaran de volta á redacción da revista.

O libro, daquela, preséntase como desafío á pericia aritmética do público lector sen que isto lle reste interese nin amenidade. De feito, nos dez capítulos que o conforman, Carroll desprega toda a súa capacidade humorística e fabuladora nas personaxes e situacións que moi logo nos lembran as súas creacións literarias máis senlleiras.

Completa o libro o solucionario orixinal dado polo propio Carroll, así como as súas reflexións e comentarios sobre as achegas dos lectores aos problemas.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro