Pañcatantra
Viṣṇuśarman
Tradución: José Virgilio García Trabazo

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 274 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-92866-92-2
Sinopse

O Pañcatantra é unha das obras de maior éxito na historia literaria da India, tanto dentro do propio subcontinente como no resto do mundo. Os relatos individuais que se asocian aos “Cinco discursos de sabedoría práctica” chegaron a converterse en parte do folclore indio común transmitido oralmente xeración tras xeración.

Trátase dunha das principais fontes da fabulística, tanto europea como hispánica –é a orixe do famoso Calila e Dimna traducido dende o árabe ao castelán antigo no século xiii–, e constitúe asemade unha senlleira mostra do uso das fábulas de animais para a transmisión da sabedoría política e mundana da India clásica, cunha salientable influencia no pensamento e a política occidentais dende a Idade Media.

Esta tradución é a primeira no ámbito ibérico que ten como base a edición de Edgerton (1924), o primeiro autor que foi quen de presentar unha reconstrución plausible do Pañcatantra orixinal, e tamén a primeira obra tradución directa do sánscrito ao galego dunha obra literaria.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 20.19 €
4% I.V.E. 21.00 €
Club 19.95 €

Engadir ao carro