عين ('ayn)
Almudena Otero Villena

Editorial Rianxo. Axóuxere, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 112 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 978-84-944763-5-8
Sinopse
A palabra árabe عين (‘ayn) designa metaforicamente, na tradición islámica do sufismo, a dimensión interrelacional entre o humano e o divino, entre o coñecido e o descoñecido. Significando «fonte», significa tamén «ollo» e, nese senso, tal dualidade outórgalle á palabra un horizonte sémico moi apropiado para abordar certos aspectos do real e do existente humano que, sen precisarmos dun artellamento demasiado categorial, abre unha intelección da alteridade posíbel na que o ser é quen de entrar, alén da tipoloxía de discurso ou argumentario que use. Nun conxunto de ensaios que tratan a obra de místicas medievais heterodoxas como Mechthild von Magdeburg ou filósofos islámicos coma Ibn ‘Arabi, pasando a través de brillantes pensadores coma Simone Weil ou Gilles Deleuze, عين (‘ayn). O ollo e a fonte, da filóloga e ensaísta Almudena Otero Villena, non pide outra cousa senón escoita, á maneira en que certa tradición, inscrita nas angueiras alternativas do filosófico-literario, recomenda para se achegar ás mestas urdas do mundo.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro