El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos
Urbano Lugrís

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 104 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 978-84-16460-24-3
Sinopse
Urbano Lugrís era un poeta pintor. E o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a auga, en palabras doutro gran escritor e poeta, Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata este verán once textos “somerxidos” de Lugrís. Prosas e poemas –en castelán e galego– moi pouco coñecidos ata hoxe (mesmo, algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico.

Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte, único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sen ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparexido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas... A profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez, especialista en Lugrís, encárgase do coidado da edición.

Ademais dos 11 textos, este volume reúne 25 debuxos do autor, tamén moi pouco divulgados, entre eles, as fermosas letras capitulares que creaba o pintor para iniciar os seus escritos.

El Tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos bríndanos a impagable oportunidade de internarnos, de novo, nese mundo de tesouros ocultos, grutas e naufraxios. Escenarios escritos e pintados a un tempo pola pluma e o lenzo inigualables de Urbano Lugrís.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro