Río Bravo
Chévere

Editorial Pontevedra. Kalandraka Editora, 2017
DescripciónRústica con sobrecoberta; 96 paxs.; 16 x 22,5
ISBN / ref 978-84-8464-320-3
Sinopse

Nun lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, atópase “Río Bravo”, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Este musical trepidante esgota os estereotipos do «western» e ri de todos eles. A súa banda sonora consta de cancións breves dos máis variados estilos e compleméntase cun amplo dispositivo de sons incidentais e onomatopeas, configurando unha atmosfera propicia para ensanchar o imaxinario colectivo dun xénero tan icónico como os filmes de vaqueiros. Ambiente de salón e cadea, golpes e caídas, un elenco onde non faltan os tipos duros, a muller de mala vida, os indios, un xuíz, o telegrafista.

Estreado en Santiago en 1990, “Río Bravo” é un claro exemplo de que o teatro de Chévere “está feito para ser escoitado e visto ao vivo”, explica a compañía. A presente edición baséase nunha versión posterior do espectáculo, do ano 2002.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro