Conta saldada
Suso de Toro

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2017
DescripciónRústica; 202 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-9121-240-9
Sinopse
Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico. O fantasma encárgalle que lle entregue a Xermán, de quen lle di que é o seu medio irmán e do que Catuxa nada sabía, unha importante cantidade de cartos se colabora con ela na descuberta do autor do crime. "Conta saldada" iníciase como unha historia de fantasmas, desenvolvéndose como unha novela trepidante de intriga e acción na que dous rapaces de ambientes sociais moi diferentes asumen os riscos de desentrañar as misteriosas circunstancias da morte do pai, nunha indagación onde tamén mudarán os seus sentimentos ás portas da idade adulta. Este feito, aparecido de improviso nas súas vidas, levaraos a descubrir, como no Hamlet de Shakespeare, que quizais ningún dos dous é como pensaba ser e que deben tomar decisións.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 11.68 €
4% I.V.E. 12.15 €
Club 11.54 €

Engadir ao carro