Tempo transfigurado
Cesáreo Sánchez Iglesias

Editorial Vigo. Faktoría K de libros, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 102 páxs., 15 x 21
ISBN / ref 978-84-16721-11-5
Sinopse
Con este libro o autor emprende -e convídanos a facela con el- unha viaxe arredor da música, unha arte fráxil mais tamén poderosísima. Unha arte, asemade, indócil á representación. Velaí, por tanto, a obriga de convocar alusións: os instrumentos (sen esquecer o primeiro deles, a voz humana), as obras que teceron e tecen a banda sonora da humanidade (ese ronsel de loairas), mesmo as biografías dos grandes compositores (un elenco ao servizo do milagre).
Todo iso, canda a pegada das persoas ás que o autor amou, e que quizais o amaron, fai deste un volume de sentimentos e sensacións que xa foron. É dicir, un volume de aceptación de orfandades, cando o amor debe existir mesmo xa sen amantes. Cando o camiño interior se converte nunha aprendizaxe da soidade. Cando alguén desprega nos poemas todos os dispositivos dunha intelixencia introspectiva... É aí onde xorde o canto das sereas.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro