Charamuscas
Suso Lista

Editorial Ferrol. Edicións Embora, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 148 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-16456-53-6
Sinopse

A linguaxe de Suso Lista ten a memoria humana, mais tamén a memoria líquida das ondas vagabundas e a memoria da ardentía no corazón do mundo. Talvez por iso é un xeito de narrar que nos acouga e desacouga, que nos equilibra e desequilibra que desvela e alumea zonas de sombra na condición humana, pero non fica aí, conformista, senón que deita novos enigmas. Tende conta ao intentar apreixar as Charamuscas. Son dunha irrompíbel fraxilidade. Teñen a verdade do que queima e asemade engrada os ollos. Son historias escritas coas mans de Suso Lista, das que o poeta Paul Celan ben diría: “Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros”.

Manuel Rivas

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro