Eduardo Pondal, o cantor do eido noso
Manuel Ferreiro

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 258 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-347-1
Sinopse
Eduardo Pondal, o cantor do eido noso, unha monografía centrada en Eduardo Pondal e a súa obra, nun ano en que se celebra o centenario da morte do autor do Himno Galego.

O volume reúne, ampliados e/ou actualizados, catro estudos elaborados sobre Eduardo Pondal e a súa obra ao longo dos últimos 25 anos (1991, 2003, 2008 e 2014, sucesivamente). Estas páxinas de investigación, estudo e refl exión son acompañadas por apéndices que recollen unha selección de cartas escritas ou recibidas polo Bardo bergantiñán e mais a entrevista-reportaxe xornalística de 1912 realizada ao poeta por La Voz de Galicia.

«Temo non existir na memoria dos homes para quen os meus tempos serán os tempos antigos», dixo o poeta nunha determinada altura da súa vida. Que o centenario da morte de Eduardo Pondal sirva para re-ler, re-pensar e re-interpretar a súa mensaxe, facéndoa presente na Galiza de hoxe e do futuro.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 19.13 €
4% I.V.E. 19.90 €
Club 18.90 €

Engadir ao carro