Cantar de Ruodlieb
Anónimo
Tradución: Maite Jiménez Pérez

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 150 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-92866-87-8
Sinopse

O Cantar de Ruodlieb é un poema épico en latín escrito no último terzo do século XI en territorio alemán. Esta obra pecha o ciclo da épica latina carolinxia, da que o Cantar de Valtario foi unha testemuña excelsa.

Distanciado claramente da épica latina medieval, o poema inaugura o riquísimo ciclo de narracións épicas en francés pertencentes ás materias de Bretaña e de Francia, e á épica xermánica tamén en lingua vernácula do Cantar dos Nibelungos ou do Parzival. Por estas razóns foi cualificado en moitas ocasións como a primeira novela cortés da literatura occidental e o cabaleiro protagonista coma o primeiro heroe cortés.

Ruodlieb é unha amálgama de elementos de xéneros diversos e tradicións diferentes: epopea, espello de cabaleiros, lenda, conto popular, fábula, poema didáctico, saga, e moito máis. É indubidable que o autor do Ruodlieb quería contar unha historia diferente,  compoñer algo moderno e que sobre todo gozaba co oficio de escribir.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro