Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que
Francisco Caamaño Isorna, Adolfo Figueiras Guzmán

Editorial Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela, 2016
DescripciónRústica con lapelas; 114 páxs.; 11,5 x 18.5
ISBN / ref 978-84-16954-11-7
Sinopse
Dende mediados dos anos corenta a práctica médica cambiou radicalmente.
En menos de cincuenta anos pasouse de dispoñer de apenas unha ducia de
medicamentos eficaces ao uso de miles de moléculas con finalidade
terapéutica. A explosión farmacolóxica, da que foi responsable en boa
medida a industria farmacéutica, deu lugar a grandes avances no
tratamento de enfermidades que antes eran mortais. Hoxe a prescrición
constitúe a expresión terapéutica máis frecuente e de maior repercusión
econ´omica. Nun contexto de fonda crise económica, o importante peso do
gasto farmacéutico e a percepción de que parte deste non responde a
necesidades reais son, probablemente, os factores que sitúan o consumo
farmacéutico no punto de mira dos xestores sanitarios. Semella este,
polo tanto, un bo momento para a ollada —rigorosa e divulgativa— de dous
especialistas que nos explicarán que nos receitan os médicos e por que.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 9.62 €
4% I.V.E. 10.00 €
Club 9.50 €

Engadir ao carro