Tartufo
Molière

Editorial Santiago de Compostela. Xunta de Galicia - Edicións Positivas, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 94 páxs.; 13,5 x 20,5
ISBN / ref 978-84-946613-0-3
Sinopse
Tradución da obra do dramaturgo francés –en versión de Eva Alarte e Carles Alfaro– asinada por Loli Ramos Duarte. Sobre este texto o CDG construíu o espectáculo estreado no Salón Teatro de Santiago de Compostela o pasado setembro e representado ata finais de ano por distintos escenarios galegos.

O volume, que reproduce na capa o cartel co que se difundiu esta montaxe, complétase con fotografías a cor e cun texto introdutorio de Carles Alfaro, director da posta en escena, no que explica algunhas das claves da súa proposta sobre as táboas. Nela, reflexiónase desde a comedia sobre os perigos da impostura e do artificio, poñendo a atención naquelas persoas que posúen a capacidade de detectar as debilidades e a vulnerabilidade dos demais para empregala no seu beneficio.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 9.13 €
4% I.V.E. 9.50 €
Club 9.02 €

Engadir ao carro