Entre colmos, rebolas e dobres varas de medir
Conflitos por medidas na Galicia Moderna (séculos XVI-XIX)
Rubén Castro Redondo

Editorial Valga. Concello de Valga, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 266 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 978-84-617-7195-0
Sinopse
XVII Premio de investigación Xesús Ferro Couselo 2016.

“É un estudo sobre a conflitividade social derivada das medidas, que parecen algo tanxible, pero nas que entra todo un universo de subxectividade”. A catedrática Ofelia Rey foi a que mais afondou no contido da obra. “Non hai dúas parroquias en Galicia que teñan un ferrado que mida o mesmo”, de aí a gran cantidade de liortas e “conflitos case irresolubles” que se producen. É esta unha temática realmente complexa e pouco estudada ata o de agora, se ben o libro asinado por Rubén Castro “é de lectura agradable e moi recomendable para lectores que non sepan nada de historia, porque aborda unha realidade moi nosa e moi propia da Galicia rural”, incidiu a autora do limiar. Tal é a sí que o alcalde sinalou que aínda hoxe en Valga “hai parroquias nas que unha cunca ten medidas diferentes”.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 10.00 €
4% I.V.E. 10.40 €
Club 9.88 €

Engadir ao carro