O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional?
Alberte Blanco Casal, Xosé Carballido Presas, Ana I. García Arias,
Tereixa Paz Franco, Bernardo Valdês Paços

Editorial Sermos Galiza, 2017
DescripciónRústica, 170 páxs.; 16 x 23
ISBN / ref 978-84-617-9938-1
Sinopse
Os indicadores sociais, económicos e demo­gráficos que hoxe temos na
Galiza rural non son consecuencia dunha fatalidade histórica. A orixe da
situación actual de desarticulación do tecido agrario galego tería a
súa orixe en políticas e decisións tomadas, varias décadas atrás, para
propiciar man de obra ba­rata con que industrializar outros territorios
de estado e de Eu­ropa, ou para explotar as nosas materias primas,
enerxía e recursos naturais. O deseño forestal que está producindo unha
presenza esmagadora do eucalipto nos nosos montes, mesmo co impulso da
súa presenza en terras agrarias, os aproveitamentos hidroeléctricos dos
vales máis relevantes, a industrialización de enclave sen pechar os
ciclos produtivos, son algúns exemplos que teñen moito que ver coa
realida­de actual do noso país. Neste libro falamos desta situación, das
políticas e estratexias que fixeron do monte galego ese lugar, en gran
medida caótico e subdesenvolvido, espello do abandono e atraso do medio
rural galego. Ademais, facemos repaso das políticas executadas durante o
goberno galego bipartito (2005-2009) e atrevémonos a enunciar algunhas
medidas cara o futuro.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 14.33 €
4% I.V.E. 14.90 €
Club 14.16 €

Engadir ao carro