Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros
Marilar Aleixandre

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2017
DescripciónRústica; 60 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-9151-053-6
Sinopse

Era unha vez o xefe dunha banda de corenta ladróns.

É un home bo que se chamaba Alí Babá. E unha cova chea de tesouros que abría cando alguén dicía: “Ábrete, sésamo!” Todos coñecemos a historia. Mais, o que ás veces se esquece é que a verdadeira protagonista é Morxiana, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a vila toda. E, sobre todo, vai loitar contra os usureiros e os ditadores, e todos os que fan a fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e desafiuzados da historia. Marilar Aleixandre cóntanos o conto de sempre mais non coma sempre. Como Morxiana, rebelándose contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación. Empoderándose. Muller de seu.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 8.17 €
4% I.V.E. 8.50 €
Club 8.07 €

Engadir ao carro