Da Moura á Sheela-Na-Gig:
reflexións sobre significado, orixe e evolución
Milagros Torrado Cespón

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2017
DescripciónRústica; 88 páxs.; 14 x 21,5
ISBN / ref 978-84-946837-2-5
Sinopse
Este ensaio busca espertar o interese dos que queren atopar resposta ás figuras que vixían as nosas cabezas dende os adros das igrexas e tamén deses que nunca se decataron de que estaban alí. Nesta ocasión, centrándonos na coñecida como Sheela-Na-Gig nas illas Británicas, esa muller impúdica ou liberal, deusa nai ou pecadora que mostra sen reparo de onde ven a vida. Nas páxinas deste libro recóllense esas sheelas esquecidas do territorio galego e ofrécense varias teorías para poder buscarlle unha explicación e tentar que sigan a ser obxecto de mási investigación. Aparecen tamén as mouras para establecer esa orixe incerta que as conecta co folclore prehistórico e cos misteriosos gravados en pedra, coa Moura de Coirós como personaxe principal, moi anteriores ao románico no que habitan estas mulleres espedias. Colle tamén un desvío cara a Inglaterra normanda dando un pequeno paseo polo Camiño de Santiago. Quere este pequeno estudo que nos preguntemos de onde saíu esta figura, se trouxemos ou levamos e se imos facer porque siga así.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 12.50 €
4% I.V.E. 13.00 €
Club 12.35 €

Engadir ao carro