Filosofía da individuación
Miguel Penas

Editorial Euseino? Editores, 2017
DescripciónRústica, 256 páxs., 13,5 x 21,5
ISBN / ref 978-84-945621-2-9
Sinopse
No centro da modernidade filosófica, atópase o problema da gran partición entre materia e pensamento. Por un lado, unha natureza, materia ou obxecto que son transcendentes ao humano mais que se poden coñecer a través da ciencia; polo outro, a sociedade, a cultura, o suxeito e o pensamento, definidos pola liberdade da súa autoprodución inmanentista. Unha materia pasiva, cega e estúpida, e un pensamento activo, espontáneo e autodeterminado. Mais esa división entre o “humano” e o “non humano” responde a unhas categorías creadas e non á natureza dos fenómenos.

A termodinámica do non-equilibrio, as estruturas disipativas físico-químicas, os individuos físicos —un cristal, por exemplo— e o pampsiquismo serven a Miguel Penas para botar luz sobre os modos de inventividade da materia, sobre a inesgotable capacidade coa que dá lugar a todo tipo de realidades, vivas e inertes, humanas e non humanas, conscientes e ­inconscientes. O proceso de individuación é unha relación entre ­elementos heteroxéneos. Xa non hai un interior dotado de identidade e un exterior que introduce accidentes nel. O individuo é relación: a planta é un lugar de comunicación entre o sol e as sales minerais do chan.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 10.58 €
4% I.V.E. 11.00 €
Club 10.45 €

Engadir ao carro