Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda
Varios autores
Edición: Miro Villar, Xosé M. Lobato

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 320 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 978-84-16460-15-1
Sinopse
90 AUTORES E AUTORAS ARREDOR DESTE SIMBÓLICO MONTE.

Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude.

Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.

Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís...

“Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria.

Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 18.27 €
4% I.V.E. 19.00 €
Club 18.05 €

Engadir ao carro