Meu avó, rei das pequenas cousas
João Manuel Ribeiro

Editorial A Coruña. Hércules Ediciones, 2017
DescripciónCapa dura, 76 páxs.; 14,5 x 21,5
ISBN / ref 978-84-945896-7-6
Sinopse

Eu non teño trono, coroa ou palacio coma os reis do mundo. Eu son un rei diferente de todos os outros. Eu son rei de min mesmo e da miña vida. Sendo rei, son señor de todo o que me pertence.

Iso é o que signi ca reinar. Eu reino sobre a miña vida, decido que facer, cando e como vivir. Reino sobre os meus pensamentos e ideas. E gústame ollar as cousas, non como realmente son, senón como poderían ser ou como a min me gustaría que fosen.

O que fago é sinxelo: soño, transformo a realidade, dou renda solta á imaxinación. Fágoo de tal maneira que non sei exactamente onde termina o real e comeza a fantasía.

Confeso que non comprendín a metade do que o avó dixo, pero, gustoume moito o modo en como falou, co ollar asolagado de alegría, os xestos sinxelos e a postura dun rei. Pensei, ensimesmado: –O avó é rei! Viva o rei! Viva o avó!

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 12.98 €
4% I.V.E. 13.50 €
Club 12.82 €

Engadir ao carro