Persuasión
Jane Austen
Tradución: Celia Recarey

Editorial Irmás Cartoné, 2017
DescripciónRústica, 298 páxs.; 13 x 20
ISBN / ref 978-84-945411-3-1
Sinopse

Sir Walter Elliot, aristócrata vido a menos, controla o destino da súa familia con man de ferro. Anne, a filla mediana, ve murchar a súa mocidade sen perspectivas matrimoniais. Nunha visita á súa irmá, Anne reencóntrase con Frederick Wentworth, un oficial da mariña que pedira a súa man anos atrás. Daquela a falta de recursos de Wentworth abondara para que a familia persuadise a Anne para non aceptar a súa petición. Porén, o retorno de Wentworth cunha nova posición social e económica trala guerra fai descubrir a Anne que, no fondo, aínda está namorada del.

Semellante en temas ás obras de Austen publicadas en vida, Persuasión destaca sobre elas por dar voz a un personaxe nunca antes presente na literatura: a muller cuxa idade de casar xa pasou. Esta muller, Anne, non só toma a decisión de non cumprir coas imposicións familiares, senón tamén a de pensarse a si mesma como persoa independente da súa familia.

 

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro