Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos
Rosalía de Castro
Edición: Henrique Monteagudo

Editorial A Coruña. Fundación Barrié, 2017
DescripciónCapa dura con sobrecuberta, 228 páxs., 15 x 22,5
ISBN / ref 978-84-9752-154-3
Sinopse
A Real Academia Galega e a Fundación Barrié presentaron a publicación Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos, que recolle os manuscritos salvados da queima ordenada por Rosalía de Castro do seu material literario. "Esta colectánea achega versos e fragmentos que permiten completar a obra poética da autora e entender mellor algúns dos poemas coñecidos", destacou o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero. Henrique Monteagudo, secretario da Academia e editor, advertiu que os materiais recompilados "permiten botar unha ollada nova sobre os procesos de creación, edición e difusión da obra poética de Rosalía, procesos mal coñecidos e que presentan moi significativos interrogantes, como pode ser o propio papel de Manuel Murguía". Por outra banda, Galaxia acaba de editar a biografía Rosalía de Castro. Cantos de Independencia e LIberdade (1837-1863), preparada por María Xesús Lama. Segundo a editorial, a biografía clara aclara sombras e desminte tópicos sobre algúns aspectos menos coñecidos da escritora. María Xesús Lama cuestiona neste libro "a teoría de que a poeta escribe, publica e se relaciona co mundo cultural por mediación de Murguía".

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=27266

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 17.31 €
4% I.V.E. 18.00 €
Club 17.10 €

Engadir ao carro