Arístides de Sousa Mendes
Vicente Piñeiro González

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2017
DescripciónRústica con lapelas; 110 páxs.; 13 x 20 cm.
ISBN / ref 978-84-946001-9-7
Sinopse
Nesta breve peza literaria, o narrador entra no terreo do reino da conciencia do protagonista, no seu maxín, nos seus sentimentos máis profundos, no descoñecido ata o de agora; entra naquela habitación na que desde o día 13 ata o 17 de xuño de 1940, o cónsul de Portugal en Burdeos, Arístides de Sousa Mendes péchase antes de decidirse a asinar miles de visados e salvar a vida a 30.000 persoas, entre elas a 12.000 xudeus, desobedecendo todas as instrucións explícitas do seu goberno. Posteriormente foi expulsado do corpo diplomático portugués e morreu na miseria e no esquecemento.
En difinitiva, o aquí escrito é un relato da existencia, dun tempo interior e a súa relación co tempo real. Unha xuntanza de tempos, de monólogos interiores e de fluxos da conciencia. En 1966, Yad Vashem nomeouno Xusto entre as Nacións.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro