Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás
Ursula Heinze de Lorenzo

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2017
DescripciónRústica con lapelas, 172 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-16460-14-4
Sinopse

Despois de publicar en 2015 unha crónica da súa experiencia como interna nun psiquiátrico, a veterana escritora aborda agora o mundo da depresión dende un ángulo ben diferente: o revelador diálogo entre unha paciente e o seu psiquiatra.

Sally McMahon é unha muller madura que padece unha fonda depresión. Para saír do pozo, decide buscar a axuda dun especialista. Visita a un xoven psiquiatra, en sesións mensuais, durante dous anos. Nelas, van aboiando os conflitos e problemas máis fondos da súa enfermidade e da súa vida: a vellez, a idea da morte, a sexualidade, a relación cos demais, a desilusión...  E tamén o proveito, ou non, das propias citas médicas.

Despois de publicar ...e os domingos, un croissant. Diario dun encontro coa vida (Alvarellos Editora, 2015), onde Ursula Heinze retratara o día a día dos internos dun sanatorio mental, agora, a prestixiosa escritora alemá afincada en Galicia regresa cun poderoso, valente e orixinal relato.

En Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás, a protagonista, Sally, fala a tumba aberta da súa propia depresión. A prosa camiña áxil e atraente, os diálogos médico-paciente son enormemente reveladores, e a carón deles afloran pensamentos fondos arredor das grandes dúbidas, contradicións e perigos desta tan estendida enfermidade. Nos momentos máis baixos, Sally só se conforta lembrando diante do doutor as viaxes que fixo por toda Europa nos seus anos dourados, cando era unha escritora recoñecida.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro