Monte das Croas
Antropoloxía dun castro
Rafael Quintía Pereira

Editorial Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), 2016
DescripciónRústica, 134 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 977234103500305
Sinopse
Na parroquia de San Martiño de Salcedo, concello de Pontevedra, onde remata o lugar do Carramal e comeza o lugar de Birrete, na beira do río do Batán e á sombra dos matos de Bouza Panda atópase o monte das Croas. O topónimo xa adianta o que nos podemos atopar alí: posiblemente o castro máis interesante e mellor conservado de cantos se localizan no concello de Pontevedra. Segundo a conclusión dos arqueólogos que fixeron catas no lugar estariamos ante o único castro prerromano de Pontevedra. Aquel que se achegue a este outeiro poderá observar como parte das murallas da croa do castro aínda se manteñen en pé, máis de 2000 anos despois da súa construción. Tamén se poden albiscar as estruturas das casa cuxos muros afloran a ras de chan. Por suposto, como non podía ser doutro xeito neste país noso, o castro do monte das Croas atópase sen escavar e carece da mínima indicación para chegar a el.

Pero o monte das Croas garda outro tesouro marabilloso, a lenda da moura do monte das Croas que recolleu D. José Casal y Lois alá polo ano 1866 e que sería publicada na obra “Galicia” de Manuel Murguía e tamén Leandro Carré Alvarellos na súa imprescindible “Las leyendas tradicionales de gallegas”.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro