Fol de veleno 6
Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza nº 6
Varios autores

Editorial Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), 2016
DescripciónRústica con lapelas, 348 páxs.; 17 x 24
ISBN / ref 977225384300006
Sinopse
Este ano estamos de celebración, pois cúmprense 10 anos da creación da cabeceira Fol de Veleno que, como xa temos explicado, naceu no 2006 como un fanzine etnográfico e de opinión. 
Así que para celebrar este feito a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), decidiu facer un número especial do su anuario, e especial por varios motivos.
Primeiro, pola súa extensión: 348 páxinas.
Segundo, polo número de artigos: un total de 15 que van dende a antropoloxía do son, ata a arqueoloxía, pasando pola arquitectura, o manga, a investigación antropolóxica, a historia ou a crónica de viaxes.
E por último, un número especial pola súa maquetación, coa que quixeron render homenaxe a aquelas publicacións decimonónicas de historia, antropoloxía e viaxes. Unha portada que reflicta a visión que dende a Sociedade Antropolóxica Galega ten do que debe ser o seu traballo e a súa filosofía, unha ollada ao mundo pero dende o seu particular xeito de ser como galegos, unha metafórica viaxe en globo polas paisaxes da cultura propia e allea pero sempre dentro da súa barquiña de vimbios coa que voa e navega seguros de non perder o rumbo e a ilusión.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 14.42 €
4% I.V.E. 15.00 €
Club 14.25 €

Engadir ao carro