Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo
(Antoloxía: 1963-2016)
Xesús Alonso Montero

Editorial Vigo. Edicións Xerais de Galicia, 2017
DescripciónRústica, 176 páxs.; 13 x 21
ISBN / ref 978-84-9121-151-8
Sinopse
Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta. As súas composicións, de temática variada, como o propio título indica, están escritas «desde a concepción que as clases subalternas teñen das cousas e da sociedade». Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o «alferrón cuestionador».
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.35 €
4% I.V.E. 17.00 €
Club 16.15 €

Engadir ao carro