Grial 212
Varios autores

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2016
DescripciónRústica, 156 páxs., 18,5 x 27
ISBN / ref 9770017418068
Sinopse

Historia e memoria do 36

Nesta nova entrega a revista volve á memoria histórica como centro de reflexión e debate, nun monográfico coordinado por Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Dolores Villanueva, e no que participan tamén profesores e especialistas no tema como Antonio Cazorla, Germán Labrador e Lourdes Otaegui.

María Dolores Cabrera pon de novo en valor fondos da Fundación Penzol, neste caso a interesanrte correspondencia que Víctor Casas, dirixente galeguista e daquela administrador d’A Nosa Terra, asesinado polas súas ideas en 1936, a Fermín Penzol, militante nas Mocidades Galeguistas en Madrid nos anos 20. A maiores, xunto coas sección tradicionais de libros e a Crónica de Roma, colaboran o profesor Alonso Montero cun traballo sobre a filóloga portuguesa Elsa Gonçalves, Xosé A. Ponte Far, cun traballo sobre Valle-Inclán e a súa relación coa cultura galega, o especialista en intelixencia artificial, Ramón López de Mántaras, que entrevista ademais a una das grandes autoridades no tema, Marvin Minsky, no Media Lab do MIT (Massachusttes), e una nova entrega do sociolinguístca brasileiro Dante Luchesi.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 11.54 €
4% I.V.E. 12.00 €
Club 11.40 €

Engadir ao carro