Herbert West, o reanimador e outras historias arrepiantes
H.P. Lovecraft
Tradución: Tomás González Ahola

Editorial Santiago de Compostela. Urco Editora, 2013
DescripciónRústica con lapelas, 190 páxs., 13,5 x 21
ISBN / ref 978-84-15699-32-3
Sinopse
Neste volume inclúense varias historias do Lovecraft novo que oscila entre o macabro e o onírico, entre os terrores da cripta e as visións dun alén aterrecedor. Xunto cun feixe de relatos escritos entre 1920 e 1923, culmina o volume a novela curta protagonizada polo estudante de medicina Herbert West e a súa obsesión pola reanimación de cadáveres. Escrita en orixe como unha parodia do Frankenstein de Mary Shelley, Lovecraft combina aquí o homorístico co arrepiante, nunha mestura que, no seu tempo, non gozou de excesivo éxito, mais que o foi gañando co paso dos anos. En 1985 Stuart Gordon levou a historia á gran pantalla co seu Re-animator, que se converteu nun filme de culto para os amantes do xénero e que fixo mundialmente coñecida a historia do solitario de Providence.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro