Cantares
Os Carunchos

Editorial Inquezanzas Sonoras, 2015
DescripciónCD
ISBN / ref 8424295359988
Sinopse
Cantares é o seu sexto traballo discográfico ao longo dos seus 22 anos de traxectoria. Dezasete pezas conforman este disco con melodías cantadas arredor da poesía popular, letras propias e tamén musicando as poetas. Rosalía de Castro, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Manolo Pipas e Carlos Fontes están presentes en temas deste traballo que segundo afirma o grupo nun comunicado, “quere ser humilde resposta, o pago ao inmenso amor á nosa cultura e lingua que estes e outros autores espallan en poemas.”
O grupo naceu a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. O seu anterior traballo foi TI QUE? en 2013, no que trataron temas de denuncia social de actualidade.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 13.18 €
21% I.V.E. 15.95 €
Club 15.15 €

Engadir ao carro