Tom, Huck e o misterio da Trabe de Ouro
Alex Bayorti

Editorial Santiago de Compostela. Urco Editora, 2016
DescripciónRústica; 118 páxs.; 13 x 19,5 cm.
ISBN / ref 978-84-15699-99-6
Sinopse
Houbo un tempo en que a herba era máis verde, a luz máis clara e viviamos rodeados de amigos. Do mesmo xeito, Tom soñaba cada noite con aquel lugar sen horas onde era eternamente feliz coa súa benquerida Becky… e con Huck… que pasou con Huck?
A miles de quilómetros do seu fogar, nalgún lugar onde bate o nordés e sempre chove, o eco dunha lenda fai espertar arelas esquecidas no maxín de Tom, deprimido e abandonado de si mesmo. Se cadra esa é a oportunidade para abrir unha porta de volta cara a aquel mundo de tanto tempo atrás, na ribeira dun río sen fin.
A fin de contas, nada ten que perder.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 9.62 €
4% I.V.E. 10.00 €
Club 9.50 €

Engadir ao carro