O alfaiate portugués
Xavier Senín

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 196 páxs.; 14 x 21
ISBN / ref 978-84-9865-732-6
Sinopse
Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido. Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece. A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca “Yesterday” na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados. Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro