Antón Corral. A alborada dun soño
Fina Fernández
Vicente Ansola (fotografía)

Editorial Editorial Canela, 2016
DescripciónRústica, 416 páxs.; 22,5 x 24 + 2 CDs
ISBN / ref 978-84-608-6785-2
Sinopse
Publicado como tomo extra dentro da colección "Tradición oral-música", Antón Corral. A alborada dun soño é un relato biográfico que dá conta da traxectoria vital e profesional dun personaxe verdadeiramente significativo para a cultura musical tradicional galega.

O libro describe dende un punto de vista profundamente humano as etapas da súa vida partindo, dende o mesmo nacemento, pasando pola infancia, a etapa de xuventude e facendo un estudo exhaustivo do percorrido profesional, tanto do Antón músico como do Antón artesán e divulgador, ata a actualidade.

Durante o desenvolvemento de cada un dos capítulos nos que está estruturado o relato vaise deixando transpirar un sentimento latexante que semella poder apalparse, no decorrer das súas páxinas, e acada o clímax no colofón de imaxes fotográficas de Vicente Ansola.

Como complemento, a obra leva dous CD de agasallo cos 26 temas gravados en Lisboa o ano 1987 polo grupo didáctico da Universidade Popular de Vigo, que formaban parte do álbum Instrumentos musicais populares galegos, ademais dunha versión inédita e orixinal para septimino de gaitas gardada por Antón Corral no seu arquivo.
- See more at: http://www.editorialcanela.com/libros/1/autores/235/claves/Anton-Corral.-A-alborada-dun-so%C3%B1o-editorial-canela-producciones-canela-tienda-canela-libros-libros-con-cd-libros-con-dvd-descarga-digital#sthash.cuYTb3tC.dpuf
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 32.69 €
4% I.V.E. 34.00 €
Club 32.30 €

Engadir ao carro