Opoñerse á extinción
Sés

Editorial Fol Música, 2016
DescripciónCD
ISBN / ref 804071012234
Sinopse
Sés segue con este traballo a liña do seu inconfundible estilo que mestura sen confusión blues, rock e sons latinoamericanos nos once temas do álbum pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior e sacándolle así máis partido se cabe á súa potente voz. Co seu cuarto traballo Sés comparte o seu crecemento musical e persoal a través destes temas. Ela mesma define así este seu cuarto disco: "O título 'Opoñerse á extinción' é a síntese da actitude que amosa o disco. A honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, o orgullo e o vitalismo de quen non asume o autoodio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence. É un disco de amor."
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 14.79 €
21% I.V.E. 17.90 €
Club 17.00 €

Engadir ao carro