Aulas sen paredes
Rosalía Fernández Rial

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Positivas, 2016
DescripciónRústica con lapelas; 476 páxs.; 15,5 x 23 + DVD
ISBN / ref 978-84-942739-6-4
Sinopse
1.1. AULAS SEN PAREDES é un proxecto derivado da Tese de Doutoramento de Rosalía Fernández Rial no que se propón e aplica unha nova metodoloxía didáctica para o ensino e aprendizaxe de linguas. Esta consiste no uso da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica para desenvolver a competencia comunicativa do alumnado así como para favorecer certas actitudes e valores asociados ao plurilingüismo, á intercuturalidade e aos principios dunha sociedade democrática.

1.2. AULAS SEN PAREDES materialízase, inicialmente, nun libro-DVD que contén:

  • O Marco Teórico do método

  • O Programa didáctico aplicado nun contexto de ensino real (dun instituto público galego)

  • Unha avaliación rigorosa do funcionamento das tarefas realizadas na aula

  • As conclusións derivadas de todo o estudo

  • Un documental audiovisual que dá conta do proceso nas súas diferentes fases de desenvolvemento.

1.3. AULAS SEN PAREDES posúe, asemade, unha vertente académica e de formación do profesorado mediante a que se vén compartindo, en diferentes Congresos, Xornadas e Obradoiros a experiencia pedagóxica referida desde unha perspectiva teórico-práctica.

2. Dito doutra maneira:

AULAS SEN PAREDES é un modo atemporal de entender a profesión investigadora e docente: con ilusión e conciencia artística. Adaptándose á máis recente realidade cun sentido poético perenne mais tamén eficaz neste presente compartido.

Sen esquecer, nunca, que o futuro do uni-verso enteiro depende sempre e en calquera caso, do literario oficio educativo.

 

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 33.65 €
4% I.V.E. 35.00 €
Club 33.25 €

Engadir ao carro