Os últimos carballos do Banquete de Conxo
Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez González, Francisco Singul, Martín Souto

Editorial Santiago de Compostela. Editorial Alvarellos, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 154 páxs.; 13 x 23
ISBN / ref 978-84-16460-12-0
Sinopse

Por vez primeira, una publicación aborda, de maneira monográfica, a historia do célebre Banquete de Conxo de 1856. Catro autores escriben sobre este histórico acontecemento e o espazo que o acolleu, nun novo volume de Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago.

O bosque e o río que fascinaron a Rosalía de Castro. O histórico mosteiro que visitou García Lorca en 1916. O souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas. A devoción dos peregrinos pola Virxe da Cuncha...

Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a esquecida carballeira do Banquete de Conxo.  Nela, un domingo 2 de marzo de 1856, viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e obreiros. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento da cultura galega.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 17.31 €
4% I.V.E. 18.00 €
Club 17.10 €

Engadir ao carro