En todas as mans
Diana Toucedo (dirección)

Editorial Trespés. Sociedade Cooperativa Galega, 2015
DescripciónDVD
ISBN / ref 324657984688678
Sinopse
“En todas as mans” é unha peza audiovisual que pretende mostrar a actividade das comunidades de montes e a vida dos seus protagonistas, acompañadas de voces expertas da economía, xudicatura, ecoloxismo, historia ou o activismo social. A súa suma ofrécenos un conxunto diverso de usos, reflexións, problemáticas e propostas arredor da xestión comunitaria do monte en Galicia e Portugal.

O proxecto “En todas as mans” non pretendeu ser unicamente un documental, senón que tivo un longo proceso de produción no que a cooperativa Trespés procurou construír unha comunidade de persoas e entidades amigas. De feito realizou múltiples presentacións en asociacións, xornadas, congresos, comunidades de montes e centros sociais no territorio galego-portugués, co obxectivo de abrir o debate público e provocar o interese da poboación en xeral.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Música (CD´s, DVD´s) + Películas (DVD´s, videos)

Conta andel
Carriño

Importe 10.66 €
21% I.V.E. 12.90 €
Club 12.25 €

Engadir ao carro