Unha última carta
Antonis Papatheodoulou
Ilustración: Iris Samartzi

Editorial Pontevedra. Kalandraka Editora, 2016
DescripciónCapa dura nun estoxo, 44 páxs.; 20 x 16
ISBN / ref 978-84-8464-271-8
Sinopse

“Unha última carta” transporta o público ata unha pequena illa mediterránea onde un carteiro ponlle fin a máis de 50 anos de servizo nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga cos contrastes, Antonis Papatheodoulou faille unha emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas.

As ilustracións -cunha luminosa paleta cromática- enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal, a base de sobres, selos e palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes.

Este IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado destaca pola súa harmonía e equilibrio, a capacidade para trasmitir tenrura e alegría á vez, ademais de poñer en valor un oficio que favorece a comunicación e as relacións entre persoas e comunidades.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Infantil e Xuvenil

Conta andel
Carriño

Importe 13.46 €
4% I.V.E. 14.00 €
Club 13.30 €

Engadir ao carro