Tempo de incertezas
Ensaios sobre federalismo e diversidade nacional
Alain-G. Gagnon

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2016
DescripciónRústica con lapela; 224 páxs.; 14 x 21 cm.
ISBN / ref 978-84-9865-726-5
Sinopse
Por múltiples razóns, as nacións minoritarias en busca de recoñecemento e
de homologación teñen que superar, hoxe máis ca nunca, numerosas
probas. A desconfianza das nacións grandes, os prexuízos das
organizacións internacionais, que son máis favorables á estabilidade dos
réximes xa establecidos, a fragmentación das colectividades arredor de
proxectos plurais e a división das forzas políticas responsables das
reivindicacións nacionais son algunhas delas. Malia ser esencial unha
política a prol do recoñecemento das reivindicacións nacionais para que
poidan existir unhas relacións sas entre nacións, compre que os estados
con diversidade nacional dean un paso adiante instaurando unha política
de acomodación máis flexible. Inspirada en investigacións sobre o
federalismo multinacional, esta obra de Alain-G. Gagnon abre un debate
sobre os motivos polos que os cidadáns necesitan institucións comúns
para profundar no exercicio democrático e acrecentar os cambios
intercomunitarios.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Arte e ensaio

Conta andel
Carriño

Importe 21.15 €
4% I.V.E. 22.00 €
Club 20.90 €

Engadir ao carro