Medea
Edición bilngüe latín-galego
Lucio Anneo Séneca

Editorial Noia. Editorial Toxosoutos, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 168 páxs., 13 x 21
ISBN / ref 978-84-945483-7-6
Sinopse
A acción da Medea ten lugar en Corinto onde a princesa da Cólquida vive con Xasón ata o día en que este, despois de repudiala, vai casar con Creusa, a filla do rei Creonte.
Medea, enfurecida, invoca todos os deuses para lles solicitar axuda para a vinganza. O rei Creonte, atemorizado pola loucrua e a fama de meiga da filla do rei da Cólquida, determina o destero inmediato, que ela con astucia consegue demorar por un día. Xasón entrementres xustifica o abandono como un acto de amor polos seus fillos.
Os estalidos de ira dunha Medea traizoada van acompañados de repentinos cambios emocionais condicionados por un amor aínda aivecido polo heroe desleal. A imposibilidade de recuperar a quen ama acrecenta o seu furor. Urde así a vinganza definitiva: regala a Creusa un manto cargado de maleficio. O rei e a súa filla morren consumidos polo lume. Insatisfeita e en pleno arrebato, Medea dubida se ceder diante do amor de nai ou do odio a Xasón. No seu delirio final degola, diante dos ollos espavorecidos de Xasón, os dous fillos, froito do matrimonio.
Un carro tirado por serpes aladas conduce a Medea polos aires.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro