As Irmandades da Fala (1916-1931)
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (coord.)

Editorial Santiago de Compostela. Edicións Laiovento, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 294 páxs., 14 x 21
ISBN / ref 978-84-8487-330-3
Sinopse
Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre os máis relevantes valores da Galiza. Relacións que darían lugar a iniciativas de grande e decisiva importancia, caso das Hirmandades dos Amigos da Fala. Unha organización que, desde o seu nacemento na primavera do 1916, reivindicaría a identidade nacional da Galiza, a partir da defensa do idioma propio do noso país nun tempo no que a lingua galega ficaba fóra da legalidade (española) imperante.

Na presente monografía apreséntase unha ampla visión do que foron e representaron as coñecidas, popularmente, como Irmandades da Fala; partindo do contexto no que estas foron creadas e no que agromaron de xeito vizoso. E facémolo como homenaxe ás Irmandades no marco do centenario da creación das mesmas (1916-2016).
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 18.46 €
4% I.V.E. 19.20 €
Club 18.24 €

Engadir ao carro