Atlas lingüístico galego. VI
Léxico: Terra, plantas e árbores
Varios autores
Biblioteca Filolóxica - Instituto da Lingua Galega

Editorial Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela, 2015
DescripciónRústica con lapelas, 730 páxs., 24,5 x 33,5
ISBN / ref 978-84-16533-12-1
Sinopse

Fento, feito, feita, folgueira... Noz, concho, carolo... Cerdeira, cereixeira, cereixal, xinxeira... A variedade do galego é unha riqueza que non sempre sabemos apreciar nin aproveitar e que adoita provocar interminables intercambios de pareceres entre galegos e galegas sobre o ben ou o mal que falamos.

Porén, todas as linguas acubillan variedade: no léxico, nas expresións e modismos, na sintaxe e na morfoloxía; por diferenzas sociais, pola variedade de situacións, por lugares. A variedade das linguas por mor das diferenzas xeográficas é obxecto dunha serie de proxectos no campo da xeografía lingüística, os atlas lingüísticos. En Galicia lévase traballando no Atlas Lingüístico Galego (ALG) dende os anos 70, para afondar nas características propias do galego e comparalas dentro do conxunto máis amplo das outras linguas que o rodean,  xa que está conectado co Atlas Lingüístico de España e Portugal e co  Atlas Linguarum Europae (ALE).

O presente volume ocúpase do léxico da terra como espazo natural, das plantas e das árbores. O material sobre o que se elaboraron os mapas que integran este volume está constituído polas 167 enquisas realizadas en todo o territorio de fala galega entre os anos 1974 e 1977 por Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. No 2008 repetíronse as enquisas dos puntos C.30, C.35 e C.44 para completar datos do presente volume, e no 2009 tamén se completaron datos de C.29 e L.314. A información que compón este volume procede do apartado «Accidentes topográficos. O espazo e as súas relacións», que é o II da sección de léxico do cuestionario (desde a pregunta 665 á 763), e mais do apartado «Plantas», que é o V (tivéronse en conta as preguntas comprendidas entre a 1.136 e a 1.203 e entre a 1.248 e a 1.355), aínda que se engadiron algúns datos soltos procedentes doutras seccións do cuestionario.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Obras de referencia

Conta andel
Carriño

Importe 96.15 €
4% I.V.E. 100.00 €
Club 95.00 €

Engadir ao carro