Arte de amar. Remedios do amor
Ovidio
Tradución: Lucía Gómez Fariña

Editorial Cangas do Morrazo. Rinoceronte Editora, 2016
DescripciónRústica con lapelas, 172 páxs.; 14,5 x 22
ISBN / ref 978-84-92866-74-8
Sinopse

Arte de amar e Remedios do amor son dúas obras didácticas clásicas, de enorme éxito dende a súa publicación e mesmo na Idade Media, nas que Ovidio ofrece a toda a sociedade as súas ensinanzas no tocante ao amor e ao sexo.

Nos dous primeiros libros da Arte de amar diríxese aos homes, mais no terceiro ensínalles ás mulleres as mesmas artes de sedución. Por outra banda, os Remedios do amor resérvanse a aconsellar sobre como esquecer un amor enfermizo.

Con estas dúas obras queda cuberto o tema amoroso, dende os tenros comezos até os máis dolorosos desenlaces, e dende o punto de vista tanto das mulleres coma dos homes. Porén, compoñer poemas deste tipo na Roma de Augusto tiña un prezo, e hai quen sinala que a causa de que Ovidio fose desterrado foi a publicación do primeiro libro, considerado polos ambientes máis conservadores do imperio como unha especie de guía para cometer adulterios.

Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 15.38 €
4% I.V.E. 16.00 €
Club 15.20 €

Engadir ao carro