Os kowa
Premio Blanco Amor 2015
Xavier Queipo

Editorial Vigo. Editorial Galaxia, 2016
DescripciónRústica con lapela; 248 páxs.; 14 x 21 cm.
ISBN / ref 978-84-9865-681-7
Sinopse
Velaquí unha novela de aventuras que comeza en Europa (Bruxelas, Compostela, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais. Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador. Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015, Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.
Roberto Gonzalez Vazquez - Yualah TEV virtual shop system - Yualah
Literatura (poesía, teatro, narrativa) + revistas

Conta andel
Carriño

Importe 16.83 €
4% I.V.E. 17.50 €
Club 16.63 €

Engadir ao carro